jueves, 26 de abril de 2007

Estes catro anos de goberno tripartito foron decepcionantes
















Juan Carlos Castro Couto, Número 4 del PP a la alcaldía de Carballo

http://www.lavozdegalicia.es/ed_bergantinos/noticia.jsp?CAT=124&TEXTO=5749329

Teño 42 anos, estou casado con Gloria e teño dous fillos de 3 e 6 anos. Nacín en Folgueiros, unha aldea da Laracha, e vivo en Carballo dende os 2 anos. Fun ó colexio das Monxas, despois estudei na Escola Fogar, no instituto Alfredo Brañas e na Universidade de Santiago. Son avogado, coma o meu pai, e exerzo a miña profesión en Carballo. Teño varias aficións, pero a principal é a música. Gústame escoitala, toco varios instrumentos e participei en varias agrupacións. Cantei na Coral de Bergantiños, toquei con Marea Baixa, fun fundador do coro Aires de Bergantiños, dos cuartetos de gaitas Xolda e Albaroque, cantei no Coro Universitario, dirixín durante 10 anos o Grupo de Cámara de Berdillo e toco o clarinete -sempre que podo- na Banda Municipal de Carballo.

. ¿Por que me presento? Interésame a política dende moi novo. Participo activamente, durante un breve período, no PSOE e dende hai moitos anos no PP (todos evolucionamos). Son concelleiro desde 1995, de Facenda durante 8 anos. Son liberal. Valoro a liberdade individual. Creo na capacidade das persoas para facerse responsables do seu futuro e construír un mundo mellor. Gustaríame contribuír a mellorar a calidade de vida de todos, e a política é o mellor instrumento para conseguilo. Estes catro anos de goberno tripartito, que considero decepcionantes, animáronme a presentarme de novo ás eleccións. Entre todos temos que facer que Carballo sexa a cidade da que nos sintamos orgullosos. Carballo ten que ter un alcalde do século XXI. Alberto Sueiro ten capacidade e liderazgo, representa o futuro e gobernará para todos. Por iso é unha satisfacción participar nesta magnífica candidatura.

miércoles, 25 de abril de 2007

Listas a la alcaldía de Carballo

Ya están publicadas las listas al Concello de Carballo

http://porcarballo.blogspot.com/search/label/listas

Compromisos políticos que se repiten cada campaña electoral

En todas las elecciones celebradas en la última década, la AG-55 ha sido motivo de desencuentros políticos. En las autonómicas sobre todo, debido a que la autopista es de la Xunta; pero también en las nacionales, porque en varias ocasiones se ha reclamado la participación del Estado para poder rescatar el peaje, e incluso en las municipales, debido a la supuesta presión que los gobernantes pueden ejercer sobre sus partidos y que, sin embargo, la experiencia demuestra que no es tal.

BNG y PSOE, que han sido los más combativos contra el peaje desde el primer momento, no han cumplido sus promesas desde que gobiernan en Galicia. Los socialistas ya cambiaron su discurso en la última campaña electoral, y el actual presidente, Pérez Touriño, ya no habló de supresión del peaje, sino de una «rebaja gradual» que tampoco ha aplicado. Su socio de bipartito ha mantenido hacia fuera una actitud reivindicativa, pero sin los resultados que los usuarios esperaban.

No sólo BNG y PSOE han modificado sus posturas al pasar de la oposición al gobierno. El PP también lo ha hecho al pasar del gobierno a la oposición. Así, en esta precampaña de las municipales, el diputado Alberto Sueiro ha reclamado un sistema de bonos y el telepeaje.

O BNG é unha garantía na defensa das xentes de Galicia















http://www.lavozdegalicia.es/ed_bergantinos/noticia.jsp?CAT=124&TEXTO=5746590


NÚMERO 4 DO BNG DE CARBALLO

Chámome Dores Silveira e, aínda que son natural de Meirama (Cerceda), son veciña de Carballo dende hai máis dunha década. Son licenciada en Filoloxía Galega e traballo na Asociación Socio-Pedagóxica Galega. Dende o ano 1994 son militante do Bloque Nacionalista Galego, no que desenvolvín diferentes cargos organizativos e institucionais. Actualmente son concelleira de Muller, Sanidade e Emigración no Concello de Carballo. ¿Por que me presento? Preséntome na candidatura do BNG en Carballo, por diferentes razóns: son nacionalista e creo que só o nacionalismo é capaz de construír a Galicia que todos queremos; son de Carballo, e sei que o BNG ten demostrado sobradamente ser a mellor, incluso a única, opción para este concello; son muller, e a aposta pola igualdade da organización política na que milito vai moito máis aló das formas, demóstrase con feitos; defendo políticas baseadas no benestar e no acceso de todos e de todas aos mesmos servizos e equipamentos, e niso, o BNG é unha garantía na defensa dos intereses das xentes de Galicia, estean onde estean, e sexan da condición económica que sexan. O Carballo que defendemos os e as nacionalistas é un concello moderno e desenvolvido, con políticas centradas no benestar, no acceso á vivenda, na igualdade e na creación de emprego, sempre dende a óptica da sustentabilidade. Creo que a chegada do BNG ao goberno de Carballo foi unha entrada de aire fresco no concello, un paso adiante firme que deu froitos que empezarán a madurar na vindeira lexislatura: ampliación do polígono industrial, vivenda e equipamentos sociais, melloras nos centros educativos, políticas de igualdade... Carballo como sempre defendemos dende o BNG comeza a ser un bo lugar para vivir.

martes, 24 de abril de 2007

Sempre me gustou o debate político















http://www.lavozdegalicia.es/ed_bergantinos/noticia.jsp?CAT=124&TEXTO=5743788

NÚMERO 4 DO PSOE DE CARBALLO

Son un carballés máis; toda a miña vida xira en torno a Carballo. Nacín aquí, crieime aquí, vivo aquí coa muller e o meu fillo de case tres anos (non podo dicir 2 porque quédalle pouco para 3, e así xa é un pouco maior, como di el), e traballo aquí como avogado. Tamén me gusta presumir de pertencer ao gremio escollido dos gaiteiros, afección e paixón que exerzo cando podo, tocando para que a xente baile, nalgunha alborada, no Coro Aires de Bergantiños. Dende a miña adolescencia sempre estiven vinculado ao movemento asociativo, principalmente colaborando na Asociación Xuvenil Fogar da Xuventude. Neste ámbito, e na actualidade, son o Secretario do Padroado Fogar de Bergantiños.

Agora son o secretario xeral da agrupación de Carballo do PSdeG-PSOE, e concelleiro por este partido, polo que participo no goberno á fronte das concellerías de Promoción Económica, Formación, Emprego e Participación Cidadá.

¿Por que me presento? A verdade, non é algo fácil de resumir en poucas liñas. Dende sempre me gustou o debate político, a súa discusión e crítica. Son unha persoa cunha ideoloxía de esquerdas, con todo o que ese pensamento conleva consciente e razoadamente. E nesa liña, hai uns anos ofrecéuseme a posibilidade de participar na rexeneración e consolidación do PSOE en Carballo. A tentación era moita, pero o que me fixo dar o paso definitivo foi que ía como candidato á alcaldía, José Antonio Viña. E polo acontecido, estou convencido de que tomei unha decisión acertada, porque tivemos a oportunidade de ser coprotagonistas do necesario cambio político, da idea de Carballo moderno e de futuro que queremos e que debe ser o noso Concello. E agora tamén teño a oportunidade, se os veciños así o deciden, de colaborar na modernización e impulso definitivo do Concello, o meu fogar desde hai corenta anos».

domingo, 22 de abril de 2007

El BNG carballés recuerda al PP que la autopista ya fue gratuita durante cuatro años

http://www.lavozdegalicia.es/ed_bergantinos/noticia.jsp?CAT=124&TEXTO=5737683

El presidente del PP de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, aseguró el viernes en Carballo que cuando su partido dirigía la Xunta no suprimieron el peaje de la AG-55 porque «non se suprimían en ningún sitio, pero agora que se suprimen, nós seguimos coa coherencia de dicir que hai que abaratar a peaxe de Carballo».

Ante estas declaraciones, los nacionalistas carballeses le recordaron ayer al ex conselleiro de Política Territorial que la autopista «xa se utilizou de balde durante catro anos, no período 1993-1997, no treito A Coruña-Lendo». Aseguran además que «foi decisión única do PP no anterior goberno da Xunta, e sen que se coñeza no mundo decisión semellante, impoñer ese peaxe, mesmo en contra dunha decisión do Parlamento galego, que previamente decidira mantela sempre libre de peaxe». Añade el BNG de Carballo que «mesmo coa presenza do señor Núñez Feijóo no goberno galego prorrogaron a súa concesión a finais da anterior lexislatura, co que desde o PP impuxeron outravolta maiores dificultades para a eliminación da peaxe». Los nacionalistas, dicen, siguen manteniendo «a mesma posición, defendemos a gratuidade da autovía e defendemos a súa liberación».

Hai que mellorar a calidade de vida da xente do rural




http://www.lavozdegalicia.es/ed_bergantinos/noticia.jsp?CAT=124&TEXTO=5737516

NÚMERO 3 DO PP DE CARBALLO

Nacín no concello de Cabana, pero dende os tres anos resido en Carballo, así que me sinto absolutamente identificada con esta gran vila. Teño 44 anos, estou casada e teño dúas fillas. Son, polo demais, unha persoa moi fogareña e disfruto das cousas sinxelas da vida. Levo 21 anos traballando en Xóvenes Agricultores, así que toda a miña experiencia está relacionada co mundo rural, ao que me teño adicado por completo. Fun nomeada secretaria xeral da organización, unha responsabilidade dende a que cada a día tento mellorar a calidade de vida no medio rural. Ademais son directiva da Asociación de Mulleres e Familias de Ambito Rural (AMFAR).

. ¿Por que me presento? Dende sempre estiven vencellada ao PP, pero esta é a primeira vez que me presento a unhas eleccións. Fágoo coa intención de dar todo o mellor de min, co obxectivo de traballar para todos os carballeses, pero, sobre todo, para superar o actual desequilibrio entre o confort do mundo urbano e as carencias do rural. Estou na política porque, logo de moitos anos pelexando polos nosos dereitos, entendo que os homes e mulleres rurais necesitamos persoas que coñezan o noso traballo e que defendan melloras na nosa calidade de vida. As mulleres do campo en particular facemos labores agrogandeiros, ocupámonos da educación dos fillos, do coidado dos nosos maiores. Levamos moitos anos loitando con esforzo por conseguir unha mellora na calidade de vida para todos os traballadores deste sector tan esencial, pero tan minusvalorado e descoñecido pola sociedade. Ese é o meu compromiso cos cidadáns de Carballo: mellorar o noso día a día, acadar beneficios sociais e loitar por axudas para os agricultores e gandeiros. Xuntos conseguirémolo.

sábado, 21 de abril de 2007

Quiero que se hable de Carballo como un pueblo seguro
















http://www.lavozdegalicia.es/ed_bergantinos/noticia.jsp?CAT=124&TEXTO=5735338

Ramón Eiris Pérez - NÚMERO 3 DE TERRA GALEGA

Nací en Rus en 1951. Licenciado en Medicina por la Universidade de Santiago, ejercí como médico titular en Santa Eulalia de Oscos (Asturias) de 1979 a 1987, y en este año fui elegido concejal de este Ayuntamiento por Independientes de Santa Eulalia. En noviembre de 1987 tomé posesión de la plaza de médico titular en Carballo, y desde entonces soy jefe local de sanidad. En 1991 me presenté como cabeza de lista por la CNG, y con 585 votos me quedé a poco de tener representación. En el año 2001, al cesar como presidente de la Federación de Caza Manuel Andrade, decidimos retomar la política y reunir de nuevo a Centristas de Carballo. Actualmente soy concejal de Tráfico, Policía, Personal y Régimen Interior.

¿Por qué estoy en política? Siempre tuve la idea de una Galicia con un poder autonómico independiente dentro del conjunto de España, similar a lo que son Cataluña y el País Vasco, sin tener que encuadrarse dentro de los grandes partidos a nivel nacional. Una idea nacionalista de corte moderno. Dentro de la política local creo en las regiones de Galicia con sus características independientes y diferenciadas. Cada pueblo tiene «lo que se merece» y lo que trabaja, y Carballo es un pueblo de gente trabajadora, y yo me considero uno de ellos. Creo en la democracia, y me presenté y me vuelvo a presentar porque, además de considerarlo un deber, si puedo aportar mi grano de arena para que se hable de Carballo como un pueblo seguro, culto, donde todos trabajamos, donde gusta vivir y donde seamos la envidia de los que nos rodean, ahí me encontrarán a mí. Creo en nuestro grupo como gente preparada, unida, trabajadora, honrada y que puede asumir las tareas del próximo gobierno de Carballo.

El PP augura una reacción social contra los gobiernos de coalición










http://www.lavozdegalicia.es/ed_bergantinos/noticia.jsp?CAT=124&TEXTO=5735337

Núñez Feijoo arremetió contra los pactos para desbancar a la fuerza más votada

El presidente del partido en Galicia presentó ayer a los candidatos de Bergantiños

El presidente del PP de Galicia está convencido de que el electorado habrá «aprendido moito» de experiencias como la del bipartito en la Xunta o la del tripartito en Carballo, y que reaccionará contra los gobiernos de coalición. «É verdade que o Partido Popular gañou en Carballo, pero os demócratas deciden que os que gañan non gobernan. En fin, xa estamos afeitos a este tipo de decisións. En Carballo, como en Galicia, os que perderon as eleccións gobernan e os que gañamos as eleccións estamos na oposición».

Pese al tono de aparente resignación, Núñez Feijoo se mostró convencido de que el 27 de mayo cambiarán las cosas para el PP en Carballo y en municipios como Malpica y Laxe, donde el partido presenta listas totalmente renovadas desde el número uno. Luis Ceán y Rafael Suárez son dos de las jóvenes promesas del partido, y a las que Feijoo invitó a seguir la estela de José Muiño en Cabana, «que se incorporou fai pouco ao partido e hoxe é alcalde». Y lo conseguirán, añadió, «se traballan, se convencen, se miran en positivo os seus concellos, se o que pretenden é mellorar realmente a vida dos cidadáns e deixarse de liortas e problemas e debates estériles», en alusión a la complicada situación del PP en ambos municipios.

Junto a la renovación, los conservadores aportan la experiencia de «catro xogadores veteranos» como Antonio Pensado, en Coristanco, y José Manuel López Varela, en A Laracha -los únicos ausentes ayer debido a que están haciendo campaña en el exterior-, José Luis Fondo, en Ponteceso, y Alberto Sueiro, en Carballo.

A la situación política de la capital de Bergantiños se refirió especialmente el presidente del PPdeG. Tras definir a Sueiro como «a persoa que, probablemente, mellor coñece as necesidades de Carballo», Núñez Feijoo criticó a quienes «cando estaban na oposición dicían unhas cousas que agora que están no goberno din outras». Se refirió, en concreto, a la tercera fase de la travesía carballesa, tan demandada en su momento y que ahora «xa non interesa»; a la circunvalación, «que estaba incluída nos Presupostos do 2005, e estamos no 2007 e nada se sabe», y a compromisos incumplidos del Plan Galicia como la vía de alta capacidad, «que tiña que estar en execución e nin sequera se ten feito o proxecto construtivo».

Más polémicas

Núñez Feijoo extendió sus críticas a otros proyectos «perdidos» de la Costa da Morte como la planta acuícola de Pescanova: «Ía ser o maior investimento que se fixera nos últimos anos na Costa da Morte. Tampouco a deixaron e obrigárona a trasladarse a Portugal. Pero eles non se dan conta de que ao mellor a empresa se pode trasladar a Portugal, pero a xente da Costa da Morte non se pode trasladar, e esa xente queda aquí, sen esa oportunidade en cantidade de postos de traballo».

También se refirió al peaje de la AG-55. Cuando gobernaba el PP, dijo, «non se suprimiu porque non se suprimían en ningún sitio. Agora que se suprimen as peaxes, nós seguimos coa coherencia de dicir hai que abaratar a peaxe de Carballo». Frente a la posición de los populares, ahora «hai autoestradas onde se paga e autoestradas onde non se paga, e iso non é un modelo de xestión, senón a negación da igualdade dos cidadáns antes as peaxes. E aquí ou pagamos todos ou non paga ninguén. Por iso imos intentar traer a Carballo o que se lle deu aos demais, porque ese é o principio básico da política», apuntó en alusión a la iniciativa parlamentaria presentada por Sueiro para que se establezca un sistema de bonos para los usuarios.

viernes, 20 de abril de 2007

Acacio Rodríguez vuelve a liderar la candidatura del PDV en Carballo

http://www.lavozdegalicia.es/ed_bergantinos/noticia.jsp?CAT=124&TEXTO=5731593

Acacio Rodríguez Fernández vuelve a encabezar la candidatura del PDV (Partido dos Veciños) en el municipio de Carballo. Ayer formalizó la presentación de la lista completa en la junta electoral de la capital de Bergantiños, y en los próximos días pretende dar a conocer a sus integrantes en un acto público.

El PDV ya concurrió a los comicios del 2003, pero los 576 votos que consiguió fueron insuficientes para que lograse obtener representación en la corporación municipal. En esta ocasión, y a pesar de que el partido tiene unos medios muy limitados, Acacio Rodríguez espera conseguir algún concejal. Su candidatura destaca por la renovación, ya que sólo se mantienen siete de los integrantes de hace cuatro años, incluido el propio aspirante a la alcaldía. Acacio Rodríguez fundó el Partido dos Veciños tras ser expulsado del PSdeG-PSOE a finales del mandato pasado, y después de representar al partido durante ocho años.

Núñez Feijoo acude a Carballo y a Vimianzo

http://www.lavozdegalicia.es/ed_bergantinos/noticia.jsp?CAT=124&TEXTO=5731584

?l presidente del PP gallego, Alberto Núñez Feijoo, acompañado del responsable provincial, Juan Juncal, estará hoy en Carballo (13.30, restaurante Punta del Este) para arropar el acto de presentación de los candidatos de su partido en la comarca de Bergantiños. Al terminar, los asistentes participarán en un almuerzo de confraternidad.

Gostaríame aportar o meu gran de area a este pobo


NÚMERO 3 DO PSOE DE CARBALLO













http://www.lavozdegalicia.es/ed_bergantinos/noticia.jsp?CAT=124&TEXTO=5731583

Nacín nun pobo de Ourense e nesta cidade cursei a carreira de Maxisterio. Logo trasladeime a Madrid, onde me diplomei en Alimentación e Nutrición Humanas, e alí fixen tamén a oposición ao Servizo de Extensión Agraria. O meu primeiro destino foi Vegadeo, en Asturias; despois viría Ávila, para chegar no ano 1974 a Carballo coa idea de ser outro lugar de paso. Aquí levo 32 anos xa e considérome unha carballesa máis. Grazas á boa acollida das xentes deste pobo e do campo de todo Bergantiños nunca me plantexei irme a outro lugar. Estou casada, teño dúas fillas e compaxinei sempre as funcións de nai, esposa e profesional. Acordei épocas duras para unha muller que tiña que traballar mañá, tarde, e impartir cursiños pola noite, xa que o Servizo desenvolvía as súas tarefas coas comunidades veciñais, coas familias labregas e coa xuventude nas mesmas aldeas. Levo como responsable desta Oficina Agraria Comarcal dende 1987.

Non quería rematar a miña andadura profesional sen aportar, se se me dá a oportunidade, o meu gran de area a este pobo que tan ben me tratou a min. Sempre me sentín identificada co Partido Socialista. Penso que José Antonio Viña é moi bo candidato, xa que fixo un gran labor no goberno municipal. Foi quen, ao igual que esas boas amas de casa, de, caladamente, pero con firmeza e bo talante, administrar o presuposto do Concello para que cada cal dispuxese do seu. Difícil e pouco agradecida tarefa. Penso tamén que formo parte dunha lista moi equilibrada, onde, con gran tolerancia, se intercambian ideas e recóllense suxerencias que chegan dende todos os ámbitos para que Carballo siga mellorando e facer del a cidade que todos desexamos.