domingo, 15 de abril de 2007

«Creo na vontade das persoas para cambiar as circunstancias»


http://www.lavozdegalicia.es/ed_bergantinos/noticia.jsp?CAT=124&TEXTO=5717268

María Jesús Vázquez Vázquez

¿Quen son?. Son carballesa. Teño 43 anos, estou casada e son nai de dúas fillas. Licenciada en Farmacia, e especialista en medicina natural, actualmente rexento unha parafarmacia en Carballo. Gozo coas cousas sinxelas: un paseo, estar no parque coas miñas fillas... Gústame moito ler, saír cos amigos e ir ao cine. Son militante do PSdG-PSOE porque creo no traballo diario das persoas e na súa vontade para cambiar as circunstancias, apostando pola convivencia, a calidade dos servizos públicos e a igualdade de oportunidades.

¿Por que estou en política? Cheguei á política activa fai cinco anos, cando un grupo de compañeiros, entre eles os dous concelleiros que forman parte do goberno actual, pensamos que en Carballo podían mellorarse as cousas. Entón decidimos poñernos a traballar para conseguir un Carballo mellor, moderno, cuns servizos públicos eficaces e, ao mesmo tempo, cercanos aos carballeses. Un Carballo dun desenvolvemento urbanístico sostible, fomentando os espazos públicos, as zonas de esparcemento, de deportes e de recreo. Nestes catro anos de goberno, do que formamos parte, Carballo mellorou e creceu en poboación, en servizos e en recursos económicos, sen aumentar os impostos, grazas á boa xestión realizada por José Antonio Viña, permitindo levar a cabo o comezo do desenvolvemento do Carballo do futuro. Por todo iso quero seguir formando parte do equipo de traballo que lidera José Antonio Viña Patiño, porque apostar polo futuro de Carballo é un proxecto que nos ilusiona e polo que queremos seguir traballando coa participación de todos.

No hay comentarios: