martes, 17 de abril de 2007

Temos o equipo para facer competitivo o parque empresarial

http://www.lavozdegalicia.es/ed_bergantinos/noticia.jsp?CAT=124&TEXTO=5722477

Temos o equipo para facer competitivo o parque empresarial

NÚMERO 2 DO PP DE CARBALLO














Autor de la imagen: CASAL

Ramón Antelo Veiga

¿Quen son? Nacín en Leiloio (Malpica) hai 51 anos, e dende 1989, tras nove anos en Suíza, vivo en Carballo, no barrio de San Cristovo, coa miña muller e os nosos dous fillos. Unha das miñas grandes paixóns é o traballo. Por iso, xa antes da miña experiencia na emigración establecinme como autónomo. Tamén me atrae a formación, e nese senso síntome moi orgulloso de ter traballado como monitor no Centro Municipal de Formación de Carballo. Na actualidade sigo coa miña empresa de instalacións de fontanería, calefacción e gas. Tamén presido a Asociación de Xóvenes Empresarios de Bergantiños (Axober), que ten contribuído fortemente nos últimos anos a converter a capital de Bergantiños nun referente das enerxías renovables. Como veciño do barrio síntome estreitamente vencellado á asociación cultural San Cristovo.

¿Por que me presento? As eleccións do 27 de maio van ser a miña primeira experiencia política. Preséntome na candidatura do Partido Popular porque estou firmemente convencido de que temos o equipo necesario para traballar no plan estratéxico do parque empresarial de Carballo, que nos permitirá orientalo e facelo competitivo. No ámbito empresarial, outro dos obxectivos que temos é activar as pymes e os autónomos para fortalecer e mellorar as súas capacidades emprendedoras e as súas potencialidades no mercado de traballo. E ademais penso que a miña experiencia como profesor do Centro Municipal de Formación pode axudar a potenciar a Casa dos Oficios como gran xerador de profesionalidade e os traballadores especializados que demanda o mercado laboral.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Este home equivocouse de candidatura.

Os seus dous grandes temas, o polígono e a casa dos oficios. En vez de no actual partido da oposición, parece que fose do goberno.

O seu obxectivo é revitalizar o polígono, que o actual goberno acaba de xestionar que se multiplique por tres, e fala do tema da Casa dos Oficios, o outro punto central desta lexislatura.

Mal empeza este debutante en política...