domingo, 22 de abril de 2007

Hai que mellorar a calidade de vida da xente do rural




http://www.lavozdegalicia.es/ed_bergantinos/noticia.jsp?CAT=124&TEXTO=5737516

NÚMERO 3 DO PP DE CARBALLO

Nacín no concello de Cabana, pero dende os tres anos resido en Carballo, así que me sinto absolutamente identificada con esta gran vila. Teño 44 anos, estou casada e teño dúas fillas. Son, polo demais, unha persoa moi fogareña e disfruto das cousas sinxelas da vida. Levo 21 anos traballando en Xóvenes Agricultores, así que toda a miña experiencia está relacionada co mundo rural, ao que me teño adicado por completo. Fun nomeada secretaria xeral da organización, unha responsabilidade dende a que cada a día tento mellorar a calidade de vida no medio rural. Ademais son directiva da Asociación de Mulleres e Familias de Ambito Rural (AMFAR).

. ¿Por que me presento? Dende sempre estiven vencellada ao PP, pero esta é a primeira vez que me presento a unhas eleccións. Fágoo coa intención de dar todo o mellor de min, co obxectivo de traballar para todos os carballeses, pero, sobre todo, para superar o actual desequilibrio entre o confort do mundo urbano e as carencias do rural. Estou na política porque, logo de moitos anos pelexando polos nosos dereitos, entendo que os homes e mulleres rurais necesitamos persoas que coñezan o noso traballo e que defendan melloras na nosa calidade de vida. As mulleres do campo en particular facemos labores agrogandeiros, ocupámonos da educación dos fillos, do coidado dos nosos maiores. Levamos moitos anos loitando con esforzo por conseguir unha mellora na calidade de vida para todos os traballadores deste sector tan esencial, pero tan minusvalorado e descoñecido pola sociedade. Ese é o meu compromiso cos cidadáns de Carballo: mellorar o noso día a día, acadar beneficios sociais e loitar por axudas para os agricultores e gandeiros. Xuntos conseguirémolo.

No hay comentarios: