jueves, 19 de abril de 2007

O traballo realizado fai posible que Carballo teña futuro


http://www.lavozdegalicia.es/ed_bergantinos/noticia.jsp?CAT=124&TEXTO=5727918


NÚMERO 3 DO BNG DE CARBALLO



Son nacido no Tarambollo, parroquia de Sofán. Son labrego e traballador do Centro de Investigacións Agrarias, no que exercía unha función consistente en avaliar a capacidade de produción natural que teñen as nosas terras para o aproveitamento dos seus recursos. Actualmente son concelleiro delegado de Servizos, Mantemento e Turismo no Concello de Carballo. Participei nas primeiras eleccións municipais da democracia en Carballo. Entre os anos 1983 e 1995 fun concelleiro do BNG no concello de Xermade (Terra Chá luguesa).


Dende o ano 1995 ata a actualidade son membro da corporación municipal de Carballo. Entendo que as sociedades evolucionan na medida en que as persoas impulsan os cambios sociais, económicos, culturais, etc...


Por iso, é imprescincible que nos comprometamos no que cremos, sendo conscientes de que as accións pequenas ou grandes teñen éxito se son pensadas e feitas para servir ao conxunto da cidadanía, para o que é necesario poñer os pés na terra para poder conseguilo. O traballo realizado dende o goberno municipal, dirixido, nestes últimos catro anos, por Evencio Ferrero, as melloras conseguidas en todos os eidos, os compromisos con outras Administracións... fan posible que Carballo teña futuro e ilusión para encarar unha oportunidade única para dar un salto cualitativo e cuantitativo en servizos, equipamentos e infraestruturas cunha perspectiva de equilibrio territorial. Esta é a motivación que teño para participar no equipo de traballo do BNG.


No hay comentarios: