miércoles, 18 de abril de 2007

Creo nun Carballo convertido en cidade con calidade de vida


NÚMERO 2 DE TERRA GALEGA


Autor de la imagen: VANESSA PORTEIRO

http://www.lavozdegalicia.es/ed_bergantinos/noticia.jsp?CAT=124&TEXTO=5724676

Crieime na Gran Vía, xogando na rúa cos demais nenos do barrio. Estudei na Escola Fogar e no instituto Alfredo Brañas. Tras casar, vivo na Casilla co meu home e os nosos fillos. Son arquitecto superior, e, como todas as mulleres da miña xeración, sei o complicado que é compaxinar a vida laboral con sacar unha familia adiante. Vou cumprir nove anos traballando na Administración local como arquitecto e once como profesional liberal. Pola miña experiencia coñezo o que é unha Administración deste tipo dende dentro, as obrigas que ten, os servizos que ten que prestar e as carencias con que se atopa para facelo.

¿Por que me presento? É a primeira vez que me presento a unhas eleccións, e fágoo porque creo nun Carballo convertido nunha cidade con calidade de vida e cohesión social, cun desenvolvemento sostible, coas infraestruturas, os equipamentos e as dotacións precisas; nun Carballo que potencie e revitalice os núcleos rurais. Integreime en Terra Galega porque creo firmemente no principio constitucional dos concellos como peza territorial básica, porque creo na autonomía local para o desenvolvemento dos intereses comúns dos veciños. Integreime en Terra Galega porque nos podemos expresar en liberdade, porque somos escoitados e valórase a opinión de todos os integrantes. Presentamos unha lista de candidatos na cal se combina a experiencia demostrada coa xuventude preparada, candidatos con proxectos concretos de desenvolvemento e con capacidade de decisión para levalos adiante. Formamos un equipo compacto e cos coñecementos necesarios nas distintas áreas a desenvolver nun concello do tamaño de Carballo.

No hay comentarios: