jueves, 26 de abril de 2007

Estes catro anos de goberno tripartito foron decepcionantes
















Juan Carlos Castro Couto, Número 4 del PP a la alcaldía de Carballo

http://www.lavozdegalicia.es/ed_bergantinos/noticia.jsp?CAT=124&TEXTO=5749329

Teño 42 anos, estou casado con Gloria e teño dous fillos de 3 e 6 anos. Nacín en Folgueiros, unha aldea da Laracha, e vivo en Carballo dende os 2 anos. Fun ó colexio das Monxas, despois estudei na Escola Fogar, no instituto Alfredo Brañas e na Universidade de Santiago. Son avogado, coma o meu pai, e exerzo a miña profesión en Carballo. Teño varias aficións, pero a principal é a música. Gústame escoitala, toco varios instrumentos e participei en varias agrupacións. Cantei na Coral de Bergantiños, toquei con Marea Baixa, fun fundador do coro Aires de Bergantiños, dos cuartetos de gaitas Xolda e Albaroque, cantei no Coro Universitario, dirixín durante 10 anos o Grupo de Cámara de Berdillo e toco o clarinete -sempre que podo- na Banda Municipal de Carballo.

. ¿Por que me presento? Interésame a política dende moi novo. Participo activamente, durante un breve período, no PSOE e dende hai moitos anos no PP (todos evolucionamos). Son concelleiro desde 1995, de Facenda durante 8 anos. Son liberal. Valoro a liberdade individual. Creo na capacidade das persoas para facerse responsables do seu futuro e construír un mundo mellor. Gustaríame contribuír a mellorar a calidade de vida de todos, e a política é o mellor instrumento para conseguilo. Estes catro anos de goberno tripartito, que considero decepcionantes, animáronme a presentarme de novo ás eleccións. Entre todos temos que facer que Carballo sexa a cidade da que nos sintamos orgullosos. Carballo ten que ter un alcalde do século XXI. Alberto Sueiro ten capacidade e liderazgo, representa o futuro e gobernará para todos. Por iso é unha satisfacción participar nesta magnífica candidatura.

No hay comentarios: