miércoles, 25 de abril de 2007

O BNG é unha garantía na defensa das xentes de Galicia















http://www.lavozdegalicia.es/ed_bergantinos/noticia.jsp?CAT=124&TEXTO=5746590


NÚMERO 4 DO BNG DE CARBALLO

Chámome Dores Silveira e, aínda que son natural de Meirama (Cerceda), son veciña de Carballo dende hai máis dunha década. Son licenciada en Filoloxía Galega e traballo na Asociación Socio-Pedagóxica Galega. Dende o ano 1994 son militante do Bloque Nacionalista Galego, no que desenvolvín diferentes cargos organizativos e institucionais. Actualmente son concelleira de Muller, Sanidade e Emigración no Concello de Carballo. ¿Por que me presento? Preséntome na candidatura do BNG en Carballo, por diferentes razóns: son nacionalista e creo que só o nacionalismo é capaz de construír a Galicia que todos queremos; son de Carballo, e sei que o BNG ten demostrado sobradamente ser a mellor, incluso a única, opción para este concello; son muller, e a aposta pola igualdade da organización política na que milito vai moito máis aló das formas, demóstrase con feitos; defendo políticas baseadas no benestar e no acceso de todos e de todas aos mesmos servizos e equipamentos, e niso, o BNG é unha garantía na defensa dos intereses das xentes de Galicia, estean onde estean, e sexan da condición económica que sexan. O Carballo que defendemos os e as nacionalistas é un concello moderno e desenvolvido, con políticas centradas no benestar, no acceso á vivenda, na igualdade e na creación de emprego, sempre dende a óptica da sustentabilidade. Creo que a chegada do BNG ao goberno de Carballo foi unha entrada de aire fresco no concello, un paso adiante firme que deu froitos que empezarán a madurar na vindeira lexislatura: ampliación do polígono industrial, vivenda e equipamentos sociais, melloras nos centros educativos, políticas de igualdade... Carballo como sempre defendemos dende o BNG comeza a ser un bo lugar para vivir.

No hay comentarios: