viernes, 20 de abril de 2007

Gostaríame aportar o meu gran de area a este pobo


NÚMERO 3 DO PSOE DE CARBALLO













http://www.lavozdegalicia.es/ed_bergantinos/noticia.jsp?CAT=124&TEXTO=5731583

Nacín nun pobo de Ourense e nesta cidade cursei a carreira de Maxisterio. Logo trasladeime a Madrid, onde me diplomei en Alimentación e Nutrición Humanas, e alí fixen tamén a oposición ao Servizo de Extensión Agraria. O meu primeiro destino foi Vegadeo, en Asturias; despois viría Ávila, para chegar no ano 1974 a Carballo coa idea de ser outro lugar de paso. Aquí levo 32 anos xa e considérome unha carballesa máis. Grazas á boa acollida das xentes deste pobo e do campo de todo Bergantiños nunca me plantexei irme a outro lugar. Estou casada, teño dúas fillas e compaxinei sempre as funcións de nai, esposa e profesional. Acordei épocas duras para unha muller que tiña que traballar mañá, tarde, e impartir cursiños pola noite, xa que o Servizo desenvolvía as súas tarefas coas comunidades veciñais, coas familias labregas e coa xuventude nas mesmas aldeas. Levo como responsable desta Oficina Agraria Comarcal dende 1987.

Non quería rematar a miña andadura profesional sen aportar, se se me dá a oportunidade, o meu gran de area a este pobo que tan ben me tratou a min. Sempre me sentín identificada co Partido Socialista. Penso que José Antonio Viña é moi bo candidato, xa que fixo un gran labor no goberno municipal. Foi quen, ao igual que esas boas amas de casa, de, caladamente, pero con firmeza e bo talante, administrar o presuposto do Concello para que cada cal dispuxese do seu. Difícil e pouco agradecida tarefa. Penso tamén que formo parte dunha lista moi equilibrada, onde, con gran tolerancia, se intercambian ideas e recóllense suxerencias que chegan dende todos os ámbitos para que Carballo siga mellorando e facer del a cidade que todos desexamos.

No hay comentarios: