martes, 24 de abril de 2007

Sempre me gustou o debate político















http://www.lavozdegalicia.es/ed_bergantinos/noticia.jsp?CAT=124&TEXTO=5743788

NÚMERO 4 DO PSOE DE CARBALLO

Son un carballés máis; toda a miña vida xira en torno a Carballo. Nacín aquí, crieime aquí, vivo aquí coa muller e o meu fillo de case tres anos (non podo dicir 2 porque quédalle pouco para 3, e así xa é un pouco maior, como di el), e traballo aquí como avogado. Tamén me gusta presumir de pertencer ao gremio escollido dos gaiteiros, afección e paixón que exerzo cando podo, tocando para que a xente baile, nalgunha alborada, no Coro Aires de Bergantiños. Dende a miña adolescencia sempre estiven vinculado ao movemento asociativo, principalmente colaborando na Asociación Xuvenil Fogar da Xuventude. Neste ámbito, e na actualidade, son o Secretario do Padroado Fogar de Bergantiños.

Agora son o secretario xeral da agrupación de Carballo do PSdeG-PSOE, e concelleiro por este partido, polo que participo no goberno á fronte das concellerías de Promoción Económica, Formación, Emprego e Participación Cidadá.

¿Por que me presento? A verdade, non é algo fácil de resumir en poucas liñas. Dende sempre me gustou o debate político, a súa discusión e crítica. Son unha persoa cunha ideoloxía de esquerdas, con todo o que ese pensamento conleva consciente e razoadamente. E nesa liña, hai uns anos ofrecéuseme a posibilidade de participar na rexeneración e consolidación do PSOE en Carballo. A tentación era moita, pero o que me fixo dar o paso definitivo foi que ía como candidato á alcaldía, José Antonio Viña. E polo acontecido, estou convencido de que tomei unha decisión acertada, porque tivemos a oportunidade de ser coprotagonistas do necesario cambio político, da idea de Carballo moderno e de futuro que queremos e que debe ser o noso Concello. E agora tamén teño a oportunidade, se os veciños así o deciden, de colaborar na modernización e impulso definitivo do Concello, o meu fogar desde hai corenta anos».

No hay comentarios: